FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFABER abre as súas portas ás súas persoas usuarias despois de sete meses pechados

Para adaptarse á nova normalidade, elaboraron un plan de prevención e adaptaron novas e estrictas medidas de seguridade

22/09/2020 | Bergantiños

Despois de sete meses pechados debido á crise sanitaria do COVID-19, AFABER abriu onte de novo as portas da súa asociación. Para adaptarse á situación de nova normalidade, elaborouse un plan de continxencia propio de prevención, ademais de activar protocolos de seguridade.

Comezarán a súa volta realizando terapias individualizadas e presenciais de estimulación a persoas con demencia ou deterioro cognitivo que xa asistían antes da pandemia ao centro. Esta reincorporación farase de forma progresiva.

Dende a asociación procederon a activación do Plan elaborado pola Xunta de Galicia de reactivación de centros no ámbito sociosanitario e elaborouse un Plan de Continxencia propio. Tamén se realizaron probas diagnósticas a todas as persoas traballadoras do centro e se activaron uns protocolos de seguridade e hixiene que fan que a estancia das persoas usuarias sexa unha estancia segura.

A entrada quedará restrinxida para calquera persoa externa ao centro cando se estean realizando terapias de estimulación. Non obstante, establecerase un horario de atención exclusiva para familias, persoas socias e poboación en xeral de 13:00 a 14:00 horas, aínda que será necesario solicitar cita previa.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER