A Unidade Terapéutica de Afalu ponse en funcionamento con novas medidas de seguridade
Adoptaron novas medidas de seguridade para poder seguir co seu traballo e mellorar a calidade de vida das súas persoas usuarias
A unidade terapéutica de Afalu volve a estar en funcionamento dende o 1 de outubro, de luns a venres, en turno de mañá e de tarde. Coa finalidade de garantir o máximo posible a calidade do servizo e o cumprimento do protocolo sanitario trabállase en grupos moi reducidos.
Entre os obxectivos da Unidade Terapéutica destacan os seguintes:
- Mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer e outras demencias
- Facilitar a autonomía e a independencia persoal
- Manter e/ou recuperar capacidades residuais
- Ralentizar ao máximo posible o avance do alzhéimer ou outro tipo de demencias, aportando calidade de vida á persoa afectada a través dunha serie de métodos e técnicas non farmacolóxicas
O equipo técnico que leva a cabo as terapias da Unidade Terapéutica está composto por: traballadora social, educadora social, terapeuta ocupacional, fisioterapeuta, psicólogo, psicomotricista e técnicos en coidados auxiliares de enfermería.
A asociación está ubicada en Casa Clara Campoamor, local nº 8 (Avda Infanta Elena nº 11 27003 LUGO). Para máis información e inscricións soliciten cita previa chamando ao 607843384, ou no correo afalu@afalu.org