FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AGADEA pon en marcha un programa de Envellecemento Activo Online para persoas maiores

Centrarase no entrenamiento das actividades cognitivas, as actividades da vida diaria e as habilidades sociais

28/10/2020 | Santiago

AGADEA implementa o programa Envellecemento Activo Online para realizar estimulación cognitiva, funcional e social a través das novas tecnoloxías, adaptándose así á nova realidade do COVID-19.

O obxectivo é ofertar unha alternativa para que as persoas maiores poidan seguir realizando actividades de estimulación priorizando o sistema de traballo online, que se realizará a través da plataforma NeuroUP. Desta forma, dende a asociación compostelá poderán seguir ofrecendo apoio emocional e social ás persoas maiores adaptándose ás recomendacións sanitarias actuais.

Este programa está dirixido a persoas maiores de 60 anos sen deterioro cognitivo ou con deterioro cognitivo asociado á idade. Para participar, será necesario ter acceso a ordenador ou táblet, conexión a internet e coñecementos informáticos básicos.

Algúns dos puntos que se levarán a cabo son o entrenamiento das actividades cognitivas, as actividades da vida diaria e as habilidades sociais. Cada asistente contará cun programa de estimulación adecuado ás súas características personais e estará tutelado por Alba Felpete, psicóloga de AGADEA.

O número máximo de participantes será de 30 persoas e as inscricións poden realizarse enviando un correo a psicoloxia@agadea.org ou no teléfono 981 59 57 38.

 

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA