Noticias
AFAMON organiza un curso de formación para persoas coidadoras no Concello de Ribas de Sil
Na actividade, na que participaron 16 persoas, abordáronse contidos sobre a propia enfermidade e sobre os coidados ás persoas con demencia
29/10/2020 | Monforte
Os días 23, 26 e 27 de outubro, a asociación AFAMON levou a cabo un curso de formación dirixido a persoas coidadoras de persoas con alzhéimer ou outras demencias no concello de Ribas de Sil.
Este curso centrouse en coidados no contorno familiar e abordáronse contidos sobre os coidados de persoas con demencia. Nesta acción formativa explicouse en que consiste a enfermidade, as súas causas, diagnósticos e pautas de atención. Ademais, tamén se abordaron os aspectos sociais e psicolóxicos da relación da persoa con demencia e o “coidado do coidador”, e ofrecéronse consellos e procedementos para evitar a sobrecarga e o estrés.
Tivo lugar en San Clodio (Salón de actos do Concello de Ribas de Sil) os pasados días 23, 26 e 27 de outubro. Participaron 16 persoas entre familiares coidadores de persoas con demencias e poboación en xeral interesada na temática do curso.
O curso conta coa colaboración do Concello de Ribas de Sil e a Federación Alzhéimer Galicia e foi financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAMON