Noticias
AFAN Burela asina un convenio coa Área de Benestar Social e Igualdade da Deputación de Lugo
Grazas a esta colaboración, sufragarase unha parte do Programa de Estimulación Cognitiva levado a cabo durante este ano
18/11/2020 | Burela
O pasado 12 de novembro a presidenta de AFAN Burela, Estefanía Varela Casas, asinou un convenio coa Área de Benestar Social e Igualdade da Deputación de Lugo por un importe de 4.000€.
Esta cantidade empregarase para sufragar unha parte do Programa de Estimulación Cognitiva, levado a cabo na Unidade de Respiro Familiar da asociación de Burela durante este ano 2020.
O obxectivo principal do Programa é manter e potenciar tanto as capacidades mentais como físicas das persoas con alzhéimer ou outras demencias en fase inicial ou moderada. Para iso, lévanse a cabo exercicios de psicoestimulación como a terapia de orientación á realidade, a estimulación da linguaxe, a memoria e a atención, o cálculo, o razoamento lóxico e abstracto, as praxes, gnoses e ludoterapia.
Ao mesmo tempo que as persoas usuarias acoden á realización destas actividades, executadas pola psicóloga da asociación, as familias coidadoras poden gozar dun tempo de respiro diario.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAN Burela