AFA Viveiro danos a benvida a súa nova páxina web
Unha páxina web intuítiva e que servirá de canle de comunicación tanto para familias usuarias como para persoas interesadas en coñecer o traballo da asociación viveirense.
En AFA Viveiro están cheos de ilusión con este novo proxecto e con moitas ganas de anunciar o lanzamento da súa nova páxina web www.afaviveiro.es.
Trátase dun proxecto que pretende ser unha ferramenta de apoio e servir de gran axuda co obxectivo de achegarse a todas as persoas que estean interesadas e que necesiten servizos especialidados na atencióna ás demencias para os seus familiares ou persoas achegadas.
Un traballo arduo que desde hai un tempo a asociación viveirense está a desenvolver sendo coñecedora da importancia de estar presente nas redes, dar visibilidade ao traballo que realiza e dar a coñecer a golpe de clic o funcionamento da asociación.
Despois de meses de traballo, bosquexos e debates, por fin os esforzos deron os seus froitos e presentan a súa nova web!
Unha web cun deseño actual, intuitivo e que estará sempre actualizada con noticias de todas as súas actividades. Un deseño que se adapta a todos os dispositivos e que pretende ser unha canle de comunicación aberta e próxima para as súas familias sociais como para toda persoa interesada en coñecer información acerca da Asociación e Familiares de Persoas con Alzhéimer de Viveiro, así como os servizos que oferta.
Na sección de noticias irán informando de todas as actividades dirixidas ás persoas usuarias e familias, ao mesmo tempo que compartiran todas as novidades da asociación.
Desde AFA Viveiro anímannos a visitar a súa páxina web e desexan que este novo proxecto sirva de axuda para visibilizar o labor que realiza a asociación na Comarca da Mariña Occidental.