Preto de 90 alumnos e alumnas disfrutaron da segunda fase dos Talleres Divulgamente impulsados pola Fundación Barrié e FAGAL
Os días 8, 22 e 23 de febreiro profesionais das asociacións de AFACO e AFA Viveiro impartiron a charla "Sensibilización na aula" en centros educativos de A Coruña e Viveiro
Alumnos e alumnas do CIFP Ánxel Casal CPR, Tomás Barros (A Coruña) e IES Maria Sarmiento (Viveiro) disfrutaron da segunda fase dos Talleres Divulgamente impulsados pola Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia.
O obxectivo desta segunda fase chamada “Sensibilización na aula” é completar o coñecemento adquirido na primeira charla “Coñecer mellor o alzhéimer”. Nesta primeira toma de contacto o alumnado coñece o funcionamento do cerebro e como este se ve afectado cando comeza a manifestarse síntomas de deterioro cognitivo. Ese coñecemento previo é fundamental para entender o traballo que realiza o equipo de profesionais das asociación galegas de alzhéimer coas persoas usuarias.
Deste xeito, Laura, traballadora social de Afa Viveiro e Elena Viqueira, terapeuta ocupacional e psicóloga de AFACO compartiron con preto de 90 participantes información relacionada coa incidencia do alzhéimer na súa contorna, os servizos que ofertan para as persoas usuarias e as familias e os perfís profesionais que traballan nas asociacións entre outros temas.
Ambas traballadoras destacan a alta participación e a especial interese que o alumnado mostrou durante toda actividade, o que deixa entrever o postivo que pode resultar artellar actividades interxeracionais que fortalezcan vínculos entre diferentes xeracións e o mesmo tempo sirvan para sensibilizar sobre unha realidade que afecta en Galicia a preto de 70.000 persoas.
Agora tócalle o turno os centros IES Monte das Moas (A Coruña), IES Frei Martín Sarmiento, Sagrado Corazón, CIFP A Xunqueira (Pontevedra) e o IES Aloya (Vigo) que celebrarán esta segunda fase durante o mes de marzo.
Para finalizar e para pechar o círculo, terá lugar a terceira fase “Visita a un centro de alzhéimer” que ten como obxectivo fortalecer os vínculos interxeracionais e na que o alumnado poderá compartir alguna actividade coas persoas usuarias da asociación.