FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O CPR Plurilingüe Atlántida recauda 1.200 euros para Afaga Alzhéimer a través dun calendario solidario

O diñeiro recadado destinaranse integramente á atención terapéutica para persoas con Alzheimer ou algún outro tipo de demencia.

03/03/2021 | Vigo

O alumnado, as súas familias e o persoal do colexio de ensino C. P. R. Plurilingüe Atlántida de Vigo no marco dunha campaña solidaria elaborou ilustracións para confeccionar un calendario que puxo posteriormente á venda. Con iso, lograron recadar fondos para investir na atención terapéutica de persoas con demencia no Centro de atención integral a enfermos de Alzheimer e outras demencias Vigo, que pertence a Afaga Azlheimer.

Grazas a dita campaña na que participaron activamente todo o persoal do centro, o alumnado e as súas familias, recadáronse 1.250 € que se destinarán integramente á atención terapéutica de persoas con demencia do Centro integral de atención ás demencias de Afaga Alzheimer en Vigo.

Esta iniciativa, que contou coa participación activa por parte de todo o centro escolar, está dentro das moitas accións de sensibilización e participación social que Afaga Alzheimer leva a cabo na comunidade, co obxectivo de dar a coñecer esta realidade e que así se esperte na comunidade o interese por participar en actividades que inclúan a este colectivo.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA