No 8 de marzo a Federación Alzhéimer Galicia rinde homenaxe as súas mulleres e pon o foco nas mulleres coidadoras
Segundo a Eurostat por cada europeo que deixa de traballar para facer fronte ós coidados de menores ou persoas maiores hai 17 mulleres que abandonan os seus postos para adicarse a coidar.
En outubro do 2020 o Secretario Xeral da ONU, António Guterres, xa advertía que “a menos que actuemos ahora, la covid-19 podría borrar una generación de frágil progreso hacia la igualdad de género”. Durante todas as crisis da historia as mulleres son as primeiras perxudicadas e, sen embargo, o seu traballo informal é fundamental para sacar adiante un país.
A ONU Mujeres calcula que neste 2021 haberá case 435 millóns de mulleres pobres, un 11% máis que si non existira a pandemia. Esta soamente é unha das mil razóns polas que o 8 de marzo debería ser a loita de todas e todos, porque a igualdade seguirá sendo unha utopía mentras a metade da poboación do planeta non estea nas mesmas condicións sociais, económicas e laboráis ca outra metade.
A conciliación e a corresponsabilidade é outro tema a abordar porque, segundo a Oficina Estatística da Unión Europea (Eurostat , 2019), por cada europeo que deixa de traballar para facer fronte ós coidados de menores ou persoas maiores, 17 mulleres abandonan os seus postos para adicarse a coidar. Este é un dato alarmante , e moi gráfico, que nos sinala unha vez máis a feminización dos coidados, coidados fundamentais, non remunerados e que non son recoñecidos polas adminsitracións públicas nin pola sociedade.
O recoñecemento da figura da persoa coidadora é unha asignatura pendente e imprescindible para que a igualdade sexa máis que unha palabra escrita en calquera programa político.
Desde a Federación Alzhéimer Galicia hoxe, no Día Internacional da Muller, alzamos a voz por todas as mulleres que loitan día a día por visibilizar o seu traballo e por reinvindicar os seus dereitos.
Polas mulleres coidadoras que asumen e abordan os coidados dos seus familiares dun xeito exemplar.
Porque estamos aquí para loitar da súa man e seguir reinvindicando unha sociedade máis xusta. Diso trata a igualdade: de xustiza social para a metade da poboación.
Hoxe queremos visibilizar ás mulleres que forman parte da Federación Alzhéimer Galicia e que traballan a diario a favor das persoas con alzhéimer, das mulleres coidadoras e das súas familias. Este homenaxe é para elas!
Feliz día de loita mulleres!
Álvarez, P. (2021). Mujeres: el año de las mil plagas. El País Semanal, nº 2319, 26-39.