FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Agadea imparte un curso de especialización en alzhéimer

O curso, de modalidade en liña, conta con 270 horas repartidas entre os meses de abril e maio

22/03/2021 | Santiago de Compostela

Agadea imparte durante os meses de abril e maio o curso superior de Atención Especializada na Enfermidade de Alzheimer e outras demencia neurodegenerativas.

Cando unha persoa asume a responsabilidade de coidar a outra cun grao alto de dependencia enfróntase a unha tarefa complexa. Para facela máis fácil é necesario adquirir a formación específica que permita articular as respostas idóneas en cada momento, tanto no campo dos coidados formais como informais.

Este curso está dirixido tanto a persoas coidadoras non profesionais, como poden ser as familias, ou persoas que queiran adquirir formación profesional que as capacite para traballar e coidar a persoas con alzhéimer. Cunha duración de 270 horas lectivas das cales 120 horas son prácticas Agadea Alzhéimer lanza este curso en formato en liña con profesoras expertas e prezos especiais para socios/ as e persoas en ERTE.

Ademais este curso está incluído na Carteira de Servizos baixo o epígrafe ‘0201 Carteira de servizos para persoas dependentes con Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas’ e está recoñecido pola Xunta de Galicia como Interese Sanitario para actos científicos.

A inscrición está aberta ata o 28 de marzo. Máis información en www.agadea.org

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA