FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AGADEA pon en marcha un servizo de ‘Acompañamento’ para persoas maiores

O servizo conta con tres modalidades: acompañamento puntual, periódico e tecnolóxico

20/04/2021 | Santiago de Compostela

Agadea pon en marcha un novo servizo de Acompañamento  co obxectivo de que as persoas usuarias disfruten dos beneficios de interactuar con outros grupos de idade, melloren a súa movilidade e mesmo retomen a vida social do barrio. A vez estamos proporcionando un tempo de  ‘respiro’ ás familias. 
 
Contamos cunha rede de VOLUNTARIADO formado esencialmente por estudantes universitarios moi implicados socialmente que amosaron a súa dispoñibilidade para dar un paseo, conversar, compartir un café. Tamén para recoller na casa, acompañar á saída das terapias, realizar actividades cotidiás como ir peluquería, ao super… ou saídas culturais como visitar unha exposición, un concerto… ou calquera outra actividade que se considere oportuna.
 

ACOMPAÑAMENTO PUNTUAL

As familias deben solicitalo con antelación dunha semana.
 

ACOMPAÑAMENTO PERIÓDICO

As familias deben fixar día e hora para que se realice esta acción de forma periódica.
 

ACOMPAÑAMENTO TECNOLÓXICO

A familia solicita unha visita e prestámoslle apoio tecnolóxico para coñecer aplicacións como zoom, NeuroApp para realizar actividades de estimulación cognitiva ou calquera outra aplicación de utilidade.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA