A campaña ‘Céntimos Solidarios de Vegalsa - Eroski’ recauda 38.875,40€ para as entidades da Neuroalianza á que pertence a Federación Alzhéimer Galicia
O luns 24 de maio tivo lugar o acto de entrega do cheque ás entidades beneficiarias
‘Centimos Solidarios’ é un proxecto solidario posto en marcha por Vegalsa Eroski para axudar a entidades sen ánimo de lucro. Cada mes dedícase a unha causa concreta e neste último mes as entidades benefiarias foron as que forman parte da Neuroalianza, entre elas a Federación Alzhéimer Galicia, Agaela Galicia , Fegadem, Asem Galicia e as asociacións de Parkinson de Galicia.
Este tipo de iniciativas non soamente axudan a que as entidades poidan seguir atendendo, neste caso, as persoas con enfermidades neurodexenerativas e as súas familias, senon tamén que brindan a oportunidade de visibilizar o traballo das entidades sen ánimo de lucro.
Onte, luns 24 de maio, tivo lugar o acto no que a empresa Vegalsa - Eroski entregou o cheque coa cantidade obtida, que ascende a 38.875,40€, aos representantes das asociaciacións beneficiairas no exterior das instalacións do supermercado Eroski en Teo.
Desde a Federación Alzhéimer Galicia agradecer enormemente o xesto solidario de Vegalsa - Eroski.