As XIX Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL tiveron como marco a innovación no campo das demencias achegando novos modelos de atención para o traballo coas persoas con demencia e familias
Foron inauguradas por Don Jorge Aboal Viñas, Director Xeral de Asistencia Sanitaria e clausuradas por Don Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e persoas con discapacidade da Xunta de Galicia
Este sábado tivo lugar unha nova edición das Xornadas Interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia como cada ano desde o 2003.
Neste ocasión trataron sobre a innovación no campo das demencias, co obxectivo de achegar os máis de 190 participantes e profesionais de atención sociosanitaria, novos modelos de atención, estratexias ou terapias que poder poñer en práctica no día a día coas persoas con demencia e familias.
A XIX Xornadas foron Inauguradas por D. Jorge Aboal Viñas, Director Xeral de Asistencia Sanitaria e por Isabel Gey Pérez, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia que recalcaron a importante labor das asociacións e dos profesionais incidindo na realidade vivida neste último ano:
“Despois dun ano de incertezas no que púxose de manifesto a importante labor que realizan as asociacións e os profesionais que as conforman, estas Xornadas serven de reflexo de ese traballo continuado e que ten un fin claro: seguir ofrecendo atención de calidade ás persoas con alzhéimer e as súas familias. “
A continuación, tivo lugar a primeira ponencia a cargo da Doutora Dana Peer, da Asociación Alzhéimer Israel (EMDA), na que se coñeceu o modelo de traballo que desenvolve a entidade israelí.
Os talleres paralelos profundizaron nas diversas caras das demencias: dereitos das persoas cunha demencia e as súas familias, a estimulación en salas multisensoriais e espazos Snoezelen e Autocoidado no desenvolvemento das labores profesionais.
Para finalizar, a exposición de traballos das asociacións galegas de alzhéimer, coa intervención das asociacións Afal Ferroltrra, Agadea Alzhéimer e Afalu, nas que se coñeceron proxectos novedosos e con resultados medidos que axudana seguir avanzando na mellora da atención.
Desde a Federación Alzhéimer Galicia agradecen enormemente a cada unha das ponentes, das asociacións e das persoas que asistiron e participaron nesta edición das Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL. Esperamos volver a vernos para o ano que ven, pero está vez de xeito presencial.