Afaga Alzheimer celebra o acto de entrega dos premiados no VII Certame de Relatos Curtos
Competiron máis de 90 relatos de varias partes do mundo.
Os membros do xurado do VII Certame de relatos “NunRecuncho da Memoria” de Afaga Alzheimer remitiron o seu veredicto.
Os traballos gañadores son “Misterios gozosos”, escrito por María Caamaño López, residente en Madrid-España, na categoría de galego e “El vendedor de recuerdos”, escrito por Claudia Alejandra Morales, residente en Buenos Aires-Argentina, na categoría de español.
Nesta ocasión o tema abordou o tema do “confinamento e superación persoal”, o alzhéimer ou outra demencia, vistas como patoloxías que illan a quen as padece e as súasrelaciónssociais e familiares, como a capacidade para superar as adversidades é fundamental para seguir persistindo na vida, principalmente no actual contexto social de crise sanitaria.
Dende o equipo organizador do concurso de Afaga Alzheimer estan moi agradecidos e sorprendidos pola alta participación de diferentes historias llegadas desde Sudamérica, Europa e África, e pola alta capacidade de transmitir as emocións e a claridade na mensaxe presentada polos diferentes escritores nas máis de 90 obras recibidas.
O 1 de xullo realizouse o acto de entrega do premio a María Caamaño López , gañadora do VII concurso de relatos curtos " Nun recuncho dá memoria" polo seu relato "Misterios gozosos" que narra a historia de Marcos e a súa familia, confinados durante a corentena xunto a súa avoa que padece Alzheimer.