A Federación Alzhéimer Galicia asiste á entrega das Medallas de Galicia 2021
Isabel Gey, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, acudiu na tarde do pasado 25 de xullo á entrega das Medallas de Galicia que tivo lugar no salón de actos do Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Galicia.
A Entrega de Medallas realízase cada ano en conmemoración do Día de Galicia sendo desenvolvida nesta ocasión dentro dos actos do Ano Xacobeo 2021. A celebración foi presidida por a SM Felipe VI e contou coa presencia do Presidente do Goberno, D. Pedro Sánchez Castejón e o presidente da Xunta de Galicia, Don Alberto Núñez Feijoo.
Os recoñecementos foron entregados ás persoas implicadas no dispositivo galego de vacinación fronte á COVID-19, representadas por xente de diversos perfís profesionais e localidades diferentes de toda Galicia.
A Federación Alzhéimer Galicia acudiu representando ó conxunto das asociacións de persoas cunha demencia de Galicia e compartiu espazo con diversidade de axentes sociais cos que mantén unha estreita relación, dende plataformas das que forma parte, coma o CERMI Galicia e EAPN Galicia, ata representantes institucionais das Consellerías de Política Social e Sanidade, coas quie traballa día a día dende fai anos.