FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFALU inaugura a exposición 'Tecendo rede, tecendo recordos' na Deputación Provincial de Lugo

La exposición fue inaugurada por Doña Tareixa La. Ferreiro, vicepresidenta de la Deputacion de Lugo, la gerente de la Red Museística provincial de Lugo, Doña Encarna Lago y Doña Iría Franco, vicepresidenta de Afalu y Fagal.

26/08/2021 | Lugo

A exposición itinerante 'Tecendo rede, tecendo recordos' comezou a súa andaina na Deputación Provincial de Lugo o pasdado xoves 19 de agosto. Veciños, veciñas e visitantes poideron disfrutar desta mostra fotográfica ata o martes 24 de agosto.

A exposición enmárcase dentro das actividades programadas polo Día Mundial do Alzhéimer 2021 da Federación Alzhéimer Galicia e das 15 asociacións membros.

Neta ocasión a asociación de alzhéimer de Lugo, AFALU, foi a encargada de achegar os lucenses o traballo continuado que realizan as asociacións de alzhéimer galegas e visibilizar a labor e o esforzo realizado durante este tempo de pandemia.

A inauguración foi realizada por Dona Tareixa A. Ferreiro, vicepresidenta da Deputacion de Lugo, a xerente da Rede Museística provincial de Lugo, Dona Encarna Lago e Dona Iría Franco, vicepresidenta de Afalu e Fagal.

A exposición continuará percorrendo a xeografía galega ata o mes de decembro.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU