AGADEA e a Escola Galega de Saúde organizan un curso gratuito sobre Alzheimer
O curso gratuito celebrarase presencialmente en Cabes do 6 ao 10 de setembro. Constará de 5 módulos que poderán realizarse de xeito independente
Con motivo da Mes do Alzheimer, AGADEA xunto coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza o curso gratuito: ‘A enfermidade de Alzheimer e a súaabordaxe multidisciplinar’, que se celebrará do 6 ao 10 de setembro e que foi declarado pola Xunta de ‘Interese Sanitario’. Terá lugar no edificio do CABES. Rúa Manuel María, 6, 15703 Santiago de Compostela.
Entre os obxectivos do curso, aberto a todo o público, está adestrar aos participantes nasferramentas precisas para facerfronteaoscoidados específicos a persoas que padecen Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.
Curso 'A enfermidade de Alzheimer e a súaabordaxe multidisciplinar'
Modalidade: presencial
Destinatarios: Coidadoresprofesionais e non profesionais.
Días: do 6 ao 10 de setembro
Lugar: Cabes. (Rúa Manuel María, 6, 15703 Santiago de Compostela)
Horario: de 17.30 a 18.30h
Inscrición: na Escola Galega de Saúde – Cursos presenciais
- Posibilidade de realizar os cinco módulos ouescollersóaqueles que máis che interesen.
- Curso recoñecidopola Xunta de Interese Sanitario.
- Organizado conxuntamente coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns.
- Certificado acreditativo da Xunta de Galicia
- Limite de prazas.
Módulos e inscripción:
6 de setembro. DEMENCIA E A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER .
Inscríbete aquí: https://bit.ly/3AW7aeF
7 setembro. COIDANDO AO COIDADOR NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.
Inscríbete aquí: https://bit.ly/37RtVnp
8 setembro. TERAPIAS NON FARMACOLÓXICAS NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.
Inscríbete aquí: https://bit.ly/3CWOkWl
9 setembro. A COMUNICACIÓN NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.
Inscríbete aquí: https://bit.ly/37UICGc
10 setembro. RECURSOS LEGAIS NA ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.
Inscríbete aquí: https://bit.ly/37SxR7t
Máis información na web: www.agadea.org