AFAOR da apoio ás persoas con demencia e as familias a través do programa Voluntariado Senior
O programa de Voluntariado Senior foi un recurso fundamental durante a pandemia e agora continúa a súa andaina
A asociación Afaor conta cun servizo de Voluntariado Senior, apoiado polo servizo de Voluntariado Galego.
A peculiaridade de este recurso é que as persoas voluntarias son mulleres e homes maiores de 60 anos que poñen o seu tempo a disposición das persoas con demencia e as súas familias. Deste xeito AFAOR pon en valor a experiencia vital dos maiores e pon de manifesto que aínda teñen moito que aportar á sociedade.
Ademais, este recurso tornouse fundamental durante a pandemia da COVID-19 xa que paliou o illamento social e o empeoramento anímico e cognitivo das persoas usuarias da asociación ourensá. Na actualidade sigue activo desenvolvendo diferentes actividades de acompañamento, apoio e axuda as persoas afectadas e as súas familias
Para máis información sobre o programa ou como adherirse a el podedes contactar a través do correo recuerda@afaor.com ou no teléfono 988 21 92 92