FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A exposición Retratando en Plata chega a Ribeira, tras unha exitosa acollida en Santiago

No Mes do Alzheimer AGADEA realizou unha chea de actos, entre eles un curso, andainas e mesas informativas 

02/11/2021 | Ribeira

A exposición Retratando en Plata foi inaugurada o pasado mes de setembro en Santiago de Compostela. Esta mostra recolle máis de 50 retratos das persoas usuarias dos nosos centros que foron realizados de forma altruista por artista de toda España coordinados pola debuxante galega Nanda Cabaleiro.

Máis de 30 persoas asistiron a este acto presidido polo alcalde de Santiago e que contou tamén coa presenza do director xeral de Persoas Maiores da Xunta de Galicia, Fernando González Abeijón, a concelleira de Políticas Sociais de Santiago, María Milagros CastroRamón Quiroga Limia, membro do grupo municipal do Partido Popular, e Goretti Sanmartín e Nadia Rivas do grupo municipal do BNG; así como os autores das ilustracións.

Nestes momento Retratando en Plata atópase exposta na Casa do Concello de Ribeira sendo visitada por moitos dos familiares e participantes na mesma. Posteriormente viaxará ata Vedra para finalizar o seu periplo en A Estrada.

No Mes do Alzheimer, como ven sendo tradicional, a Mesas Informativas saíron á rúa nas vilas nas que ten presencia AGADEA e tamén se levou a cabo un concurrido curso sobre Alzheimer e a súa abordaxe multidisciplinar.  Finalmente celebráronse as ‘Andaina’, este ano aínda de xeito virtual, á espera de poder convócalas de xeito presencia no 2022.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA