A Federación Alzhéimer Galicia participa no IX Congreso Nacional de Alzheimer organizado por CEAFA
O Congreso tivo lugar do 10 al 13 de novembro en Vitoria e serviu para reforzar a urxencia de desenvolver políticas específicas de alzhéimer.
O mércores 10 de novembro comezaba no Europa Palacio de Congresos de Vitoria o IX Congreso Nacional de Alzhéimer organizado por CEAFA e a Federación Alzhéimer Euskadi co obxectivo de reunir a entidades e profesionais do panorama das demencias a nivel nacional e así intercambiar experiencias en relación á atención as demencias.
Ata alí desprazáronse Isabel Gey, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia e Javier Hermida Porto, traballador social da Federación. Quen expuso nunha mesa redonda o traballo realizado polas asociacións galegas de alzhéimer durante a pandemia baixo o título: “Atención das demencias en tempos de COVID”.
Ademais, tamén achegáronse a Vitoria profesionais da asociación Afaga Alzhéimer e o seu presidente Juan Carlos Rodríguez Bernárdez. Iván Rarís Filgueira abogado do Departamento Xurídico de Afaga Alzhéimer inteviu coa ponencia “Realidade individual das persoas con demencia no ordenamento xurídico español”.
Por último, Clara Domínguez Vivero. Médico Adxunta de Neuroloxía no Hospital de Pontevedra presentou o proxecto DEMGAL: una ferramenta online para a prescrición non-farmacolóxica nos trastornos cognitivos en Galicia.