AGADEA sensibiliza aos xóvenes sobre as demencias
A entidade visitou ao alumnado de 2º de Bacharelato do IES Camilo José Cela de Padrón
Estefanía Calvelo, Terapeuta Ocupacional do Centro de día Salgueiriños de Santiago de Compostela e María Raña Sánchez, familiar dunha das usuarias de AGADEA, visitaron o IES Camilo José Cela, de Padrón, para achegarlles ao alumnado de 2º de Bacharelato o rol do coidador, explicarlles o proceso da doenza, as barreiras e os apoios cos que se contan.
Atoparon uns estudiantes moi atentos e respectuosos, así como un profesorado moi interesado neste tipo de actividades interxeneracionais, que acercan aos xóvenes a outras realidades.
Esta actividade esta integrada dentros talleres Divulgamente da Fundación Barrié que teñen como finalidade a sensibilización nas aulas.
Días despois regresouse para charlar concretamente sobre as terapias non farmacolóxicas e finalmente está pendiente unha visita ao centro de día Salgueiriños para coñecer como se traballa en estimulación cognitiva.