FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFABER expuso, no Pazo da Cultura, a exposición 'Tecendo rede, tecendo recordos' para sensibilizar á sociedade sobre o alzheimer.

O  obxectivo principal é mostrar o traballo realizado polas Afas e a súa dedicación á hora de acompañar e apoiar ás persoas con demencia e o seu entorno

03/01/2022 | Carballo

O Pazo da cultura do Concello de Carballo acollereu dende o xoves 16 ata o 23 de decembro a exposición “Tecendo rede, tecendo recordos” coa colaboración da Federación Alzheimer Galicia (Fagal).

Baixo o lema “Tecendo rede, tecendo recordos” queremos amosar, a través desta exposición fotográfica, o traballo continuado que desde a rede de asociacións de alzhéimer de Galicia se veu facendo dende sempre, pero con máis esforzos se cabe durante a pandemia da COVID19. Esta situación excepcional sacou a relucir a importancia que teñen estes servizos para a mellora da calidade de vida das persoas con demencia e as súas familias, contribuíndo a retrasar o avance da enfermidade e, en definitiva, axudando a seguir tecendo recordos o maior tempo posible.

A presentación da exposición realizouse o 6 de decembro ás 19:30h, na planta baixa do Pazo da Cultura. Asistiron á inauguración Mar Barca Gómez, secretaria da entidade, e Maica Ures, concelleira de Servizos Sociais do Concello de Carballo, membros da directiva de AFABER e poboación interesada.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER