FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Compromiso Político, investimento, coordinación e profesionalidade piares básicos na atención integral en demencias

O Encontro Alzhéimer Hoxe, organizado por FAGAL, reuniu este sábado preto de cen persoas para debater sobre a atención ás demencias en Galicia.

 

29/01/2022 | Santiago de Compostela

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá o Encontro Alzhéimer HOXE organizado pola Federación Alzhéimer Galicia. O principal obxectivo desta xornada foi poñer en valor as Unidades Terapéuticas como un recurso de atención integral e especializada en demencias.

Así ás 10:30h horas déronse cita no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia diferentes profesionais da atención ás demencias en Galicia e no panorama nacional no que aportaron as súas experiencias e modos de traballo nos respectivos lugares de procedencia e áreas de implicación.

Por unha banda Enrique Arrieta Antón, médico de atención primaria en Segovia, destacou a porta de entrada que supón a atención primaria para o diagnóstico temperán, Roberto Suárez Canal, Psicólogo e Coordinador provincial da Federación de Alzhéimer de Cádiz, achegou o modelo de atención andaluz, un modelo ben coordinado e cohesionado, que conta xa co seu terceiro plan de alzhéimer. Ademais, María José Moreno Carretero, recalcou a importancia de que vaian da man profesionalización, compromiso político e investimento. Sen estes tres piares é imposible avanzar nunha atención de calidade. Por último Isabel Gey Pérez, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, remarcou o cambio de perfil de persoas usuarias co que as asociacións se están atopando (xente cada vez máis nova e máis formada) o que implica unha reinvención constante dos profesionais e destacou que estes encontros son o principio dun traballo ben articulado onde as asociacións e a Federación porán todo da súa man para reivindicar unha coordinación efectiva entre administración e profesionais dos servizos sociais e sanitarios.

O encontro foi inaugurado por Alfonso Alonso Fachado, subdirector Xeral de Xestión Asistencial e Innovación, Milagros Castro Sánchez, Tenente alcalde e Concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente e Parques e Xardíns de Santiago de Compostela e Fernando González Abeijón, Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

Desde a Federación traballaremos en aunar todas estas ideas diseñando servizos, programas e recursos adaptados a estas novas realidades.

Ademáis queremos agradecer especialmente  os profesionais que nos acompañeron hoxe por brindarnos a oportunidade de aprender da súa experiencia e moi especialmente a recoñecida xornalista Isabel Pichel pola súa colaboración e profesionalidade.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia