FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Nace en Santiago o Consello Municipal de Persoas Maiores, do que forma parte AGADEA.

Entre as súas funcións está a de potenciar a participación das persoas maiores nos asuntos municipais

31/01/2022 | Santiago de Compostela

Santiago de Compostela conta dende agora cun novo órgano que servirá para garantir a participación do colectivo de persoas maiores na vida da cidade. Trátase do recén creado Consello Muncipal de Persoas Maiores, do que forma parte activa AGADEA.

A nova iniciativa foi impulsada pola Plataforma de Pensionistas de Santiago de Compostela e, polo momento forman parte dela entidades como a Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (ALCER coruña), Fundación Down Compostela, e  Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, entre outras.

Entre estas as funcións deste órgano destacan as de promover a realización de estudos sobre a situación das persoas maiores no municipio de Santiago, cuxos resultados sirvan de base para propostas de actuación; potenciar a participación das persoas maiores nos asuntos municipais; fomentar o asociacionismo e prestar apoio e a asistencia e propoñer a adopción de medidas dirixidas a eliminar os obstáculos que dificultan a integración real e efectiva da veciñanza maior.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA