FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afalu recibe unha visita 'de altura'

Dous xogardores do CB Breogán de Lugo visitaron o Centro de Día de Afalu

09/02/2022 | Lugo

Fai uns días no Centro de Día de Alzheimer de Lugo tiveron unha visita moi especial. Dous dos xogadores da plantilla do CB Breogán de Lugo, en representación do resto do equipo e dos integrantes do club lucense, visitaron o centro e charlaron animadamente coas persoas usuarias, chegando incluso a participar nalgunha das actividades e terapias.

Ademáis, durante a visita entregaron á presidenta de Afalu, Mª Carmen Pena, unha camiseta firmada en sinal de apoio e colaboración do CB Breogán Lugo coa entidade. Feito que lles agradeceron enormemente, pola atención, o cariño e a boa disposición hacia a asociación e o colectivo que representan.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU