FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFALU na universidade

Afalu impartiu unha charla informativa ao Grao de Educación Social sobre o traballo realizado na Asociación.

21/03/2022 | Lugo

O pasado mes de Febreiro, Afalu impartiu na Universidade de Santiago de Compostela, concretamente na Facultade de Ciencias da Educación, dentro da materia “Experiencias y recursos en la Educación Social”, do Grado de Educación Social, unha charla informativa sobre o traballo realizado na Asociación, a atención a persoas con demencias e os seus familiares e ou coidadores, e a función do educad@r social na nosa entidade.

Esta materia é impartida polo profesor Suso Rodriguez, a quen queremos agradecer que contara con Afalu un ano máis para facer chegar aos seus alumnos experiencias e vivencias reais de traballo.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU