FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AGADEA presenta a I edición do Premio de Literatura Infantil ´Simbad para o Recordo e o Alzhéimer´

Aberto o prazo para o premio de Agadea de literatura infantil ‘Simbad para o Recordo e o Alzhéimer’

28/03/2022 | Santiago

 

O certame de literatura infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer nace coa vontade de concienciar a sociedade sobre a doenza, reflexionar sobre a invisibilización e estigmatización das demencias e fomentar a relación entre nenos e nenas e maiores a través de creatividade literaria.

Dotado con 3000€, está aberto a textos orixinais e inéditos, escritos en lingua galega, pertencentes ao sistema de literatura infantil, podendo presentarse calquera obra dos distintos xéneros, novela, poesía, teatro, álbum ilustrado, novela gráfica e banda deseñada.

O prazo de presentación de solicitudes  finalizará o día 15 de agosto de 2022. O xurado, formado por profesionais do eido literario, darán a coñecer o seu veredito nunha gala que se celebrará o 21 de setembro, con motivo do Día Mundial do Alzhéimer. AGADEA anunciou que comprará 100 exemplares, para a axuda á edición, que queda aberta a calquera editorial.

As bases do premio están dispoñibles na páxina web de AGADEA www.agadea.org, así como noutras plataformas habituais de referencia de premios.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA