FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O Edadismo e as persoas con demencias: AFAGA organiza concurso de relatos curtos

  • AFAGA Alzheimer organiza o seu concurso anual de relatos curtos con participación aberta do 04 de abril ao 17 de maio de 2022. A temática desta edición é «O Edadismo e as persoas con demencia».

 

11/04/2022 | VIGO

AFAGA Alzheimer abre o prazo para participar no certame de relatos curtos sobre Alzheimer e outras demencias “Nun recuncho da memoria”. O tema desta edición é «O Edadismo e as persoas con demencia». O edadismo, ou a discriminación por idade, crea estereotipos e prexuízos que prexudican ás persoas con enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer. A través deste certame intentase dar visibilidade a este problema para concienciar á sociedade e impulsar a búsqueda de solucións de cara ao futuro.

O prazo de recepción de manuscritos estará aberto do 04 de abril ao 17 de maio de 2022 nas categorías de galego e castelán. Os premios para ambas categorías serán un eBook ou un dispositivo dixital análogo para os gañadores.

Nesta oitava edición pode presentar os seus traballos toda persoa maior de 16 anos, sensibilizada con esta doenza ou que lle apeteza escribir e encontre no envellecemento ou as enfermidades neurodexenerativas a súa fonte de inspiración.

Pódense consultar as bases do concurso na páxina web da asociación

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA