FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAN Burela estará presente nas Xornadas de Nutrición e Saúde Mental organizadas pola Fundación Expomar o xoves 28 de abril

A psicóloga da asociación, Gema Fernández, participará nunha mesa redonda sobre “A saúde mental na Mariña”

 

12/04/2022 | Burela

O vindeiro xoves, 28 de abril, darán comezo as Xornadas de Nutrición e Saúde Mental “Mens sana in corpore sano” organizadas pola Fundación Expomar co obxectivo de promocionar o sector pesqueiro a través do consumo de peixe, e de paso fomentar unha alimentación máis saudable e poñer en valor o traballo das distintas asociacións que traballan no mundo da saúde mental na comarca da Mariña.

A partir das 18:30h, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, terá lugar a apertura da xornada, coa participación da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, do presidente da Fundación Expomar, J.Manuel González-Brais  e do alcalde de Burela, Alfredo Llano.

A continuación o prestixioso neurólogo catalán D. Miquel Aguilar Barberá  dará unha conferencia sobre “Cómo alimentar o noso cerebro para mantelo xove” dando iso paso a unha mesa redonda sobre “A Saúde Mental na Mariña”, que estará moderada polo nefrólogo do Hospital da Mariña D.Secundino Cigarrán, e na que participarán representantes das principais asociacións da contorna, como a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Burela, a  Asociación Saúde Mental A Mariña e a Fundación Eu Son.

 

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAN Burela