FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Fagal e a Xunta firman un convenio, destinado a actividades de información e apoio a familiares e coidadores de enfermos de alzhéimer e outras demencias, de máis de 70.000€

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta de Fagal, María Isabel Gey Pérez, firmaron o convenio para actividades de apoio a familiares e coidadores e tamén para a formación continuada para os profesionais das asociacións.

 

 

04/05/2022 | Santiago de Compostela

O pasado 29 de abril, o conselleiro de Sanidade xunto a presidenta de Fagal firmaron un convenio de colaboración para poder desenvolver diferentes actividades de información, apoio aos familiares e coidadores e formación continua para os profesionais do tecido da federación. Para cubrir estas iniciativas, o Servicio Galego de Saúde aportará 72.770 euros.

Ademais destas actividades, o convenio firmado contempla tareas de sensibilización social, orientación e asesoramento para as familias e persoas coidadoras; o deseño e desenvolvemento de programas psicoeducativos, e cuestións que traten ca atención das persoas con alzhéimer e outras demencias.

Axudar a estas persoas, familiares e persoas coidadores é fundamental, máis ainda vivindo nunha comunidade na que o envellecemento da poboación está subindo, isto aumenta os problemas dexenerativos entre eles o alzhéimer.

Moitas veces os familiares que viven e coidan de persoas con alzhéimer ou outras demencias, enfróntanse, moitas veces, a situacións que non saben ben como solucionar. Este xenera situacións de inquietude que precisan dun apoio multidisciplinar.

Como recordan desde a Conselleria de Sanidade, en Galicia, o modelo de atención na saúde mental da prioridade á atención e á integración social da persoa enferma, debéndose de levar a cabo programas de acercamento á poboación xeral, e en especial, de non discriminación deste colectivo.

Establecer accións conxuntas entre a Conselleria de Sanidade e FAGAL é vital para mellorar a calidade de vida destas persoas e familiares no seu domicilio, dando a coñecer e promovendo a divulgación da importancia real que ten o alzhéimer.

 

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia