FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAOR leva a cabo Obradoiros de Estimulación Cognitiva e Rehabilitación Funcional para persoas con Alzhéimer

Desde AFAOR levan a cabo unha terapia non farmacolóxica, de carácter individual e grupal, que vai dirixida a persoas diagnosticadas de demencia en fases iniciais da doenza.

15/02/2022

Estes talleres, executados grazas á colaboración da Xunta de Galicia (Sergas-Consellería de Sanidade e Consellería de Política Social), FAGAL e os concellos de Carballiño e Celanova, teñen como obxectivo manter as capacidades residuais dos participantes e enlentecer o avance da enfermidade. As intervencións executadas son Terapias de Psicoestimulación Cognitiva e Conductual de distintas áreas mentais (memoria, atención, cálculo, linguaxe, percepción, comprensión, comportamento, actitude), Psicomotricidade e Terapia ocupacional que se desenvolven nas comarcas de Ourense, O Ribeiro, O Carballiño e Celanova desde comezos de ano. A súa frecuencia é semanal e estenderanse ata o último trimestre do presente exercicio. No que vai de 2022 AFAOR atendeu a máis de 80 persoas, rexistrando un grao de participación do 77% respecto das previsións iniciais.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAOR