FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Experiencia Breogán dedicada a Afalu

Unha nova proposta de múltiples actos da Fundación Breogán en colaboración coa Clínica García Rielo.
 

23/05/2022 | Lugo

Durante a semana do 9 ao 13 de maio Afalu participou na Experiencia Breogán, unha nova proposta da Fundación Breogán en colaboración coa Clínica García Rielo.

Esta experiencia consistíu en múltiples actos.

O mércores 11 varios socios, familiares, traballadores e usuarios/as de Afalu visitaron o Pazo provincial de Deportes xunto con Guido Guía, recoñecido guía turístico xunto con Salva Arco, Director da Fundación Breogán, puideron coñecer os interiores do Pazo, a historia do Breogán e asistir a un entrenamento do Breogán onde compartiron impresións con tódolos xogadores.  

O venres 13 o premiado MVP Dzanan Musa e Sergi Quintela xunto con Salva Arco, visitaron as instalacións da asociación, recibiron uns agasallos das persoas usuarios/as realizados en terapia ocupacional e participaron nas actividades coas persoas usuarias.

E como colofón final, o sábado 14, o CB. Breogán dedicou  a AFALU o partido contra o Barcelona, a penúltima xornada da ACB, un encontro moi reñido no que o Pazo de Deportes estivo completo de afeccionados. A este partido, pudieron asistir como convidados especiais, socios, membros da xunta directiva, traballadores/as e usuarios/as da entidade e ver o partido nun palco reservado a pé de pista. Durante todo o partido houbo unha mesa  de información no interior do Pazo onde moita xente se acercou a facerse socio, pedir información,…

Ademáis no descanso do partido, o speaker explicou as distintas actividades que fai AFALU  e a Fundación Breogán entregou un trofeo conmemorativo como recoñecemento ao seu traballo e á atención especializada a familiares e enfermos de Alzhéimer, que foi recollido no centro da pista pola nosa vicepresidenta Iria Franco das mans de Salva Arco e Manuel García Rielo. O vídeo conmemorativo desta experiencia foi estrenado en redes sociais o pasado 17 de Maio,  día das letras galegas.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU