FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afamo abre o seu primeiro Centro de Día propio para persoas con alzhéimer

Ten capacidade para 26 prazas e completa a labor que realiza a entidade no Morrazo

23/05/2022 | Moaña

Os centros de día para maiores defínense como un recurso xerontolóxico de carácter socio-terapéutico para a atención integral deste colectivo e apoio ás súas familias.

A realidade sociodemográfica de Galicia fai deste equipamento unha necesidade esencial para a atención ás persoas maiores no seu contorno habitual. Este centro supón un espazo de socialización, prevención e rehabilitación co fin de promover a autonomía persoal das persoas maiores.

AFAMO conta cunha ampla experiencia na xestión e prestación de servizos de carácter socioasistencial. Así, dende o ano 2006 xestiona o centro de día de alzhéimer de Moaña con 40 prazas en réxime de xornada completa. Nos seus programas de intervención terapéutica atende a 50 persoas. Dende o ano 2017 ten asinado un convenio co concello de Moaña para impartir 9 obradoiros de memoria nas súas parroquias que, xunto co que se desenvolve en Vilaboa, atende a 200 persoas promovendo o envellecemtno activo no rural.

Este é o primeiro centro de día propio da nosa entidade que dá resposta á necesidade de contar cun servizo preventivo das demencias. Ten capacidade para 26 prazas e vén a complementar a nosa labor no eido das persoa maiores. O carácter diferenciador deste recurso baséase na filosofía de AFAMO:

  • Experiencia profesional. Está respaldado por un equipo multidisciplinar de 28 profesionais.
  • Atención ás persoas usuarias e ás súas familias Préstase unha atención terapéutica sen esquecer o acompañamento das familias a través do asesoramento, a atención social e o apoio psicolóxico.
  • Participación activa na sociedade. Traballamos coa comunidade a través de proxectos como “A cultura do mar”, centros educativos para favorecer o enrequecimento común e a transmisión de valores.

 

A creación deste centro de día para persoas maiores foi posible grazas á achega económica dos Fondos Leader do 70% do total do investimento e á axuda do GDR Morrazo. Enmárcase dentro dos proxectos non produtivos por ter un interese colectivo e non supoñer o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica con finalidade lucrativa xa que AFAMO é unha asociación sen ánimo de lucro declarada de Utilidade pública dende o ano XXXX. Os ingresos da nosa entidade reinvírtense na posta en marcha de novos proxectos e servizos co fin de mellorar a calidade de vida das personas maiores.

Este é o segundo proxecto subvencionado polos fondos Leader despois de que no ano 2018 se financiase a adquisición dunha furgoneta para poder realizar desprazamentos para asistir a actividades de envellecemtno activo e de lecer.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAMO