FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afaber imparte unha charla sobre dispositivos de xeolocalización para persoas con alzhéimer

A charla estivo impartida por D.Germán Tojeiro, profesor de Sistemas electrónicos do IES Monte Neme e coordinador do proxecto LoRaWAN NEMET

23/05/2022 | Carballo

O pasado xoves 19 de maio ás 19:15h tivo lugar a charla sobre dispositivos de xeolocalización para persoas con alzheimer no local de AFABER situado na rúa camelias n2 baixo en Carballo.

A charla foi impartido por D. Germán Tojeiro, profesor de Sistemas electrónicos do IES Monte Neme e coordinador do proxecto LoRaWAN NEMET ademáis asistiu alumnado de dita formación profesional.

O docente informou a familias, traballadoras do centro, directiva e demais poboación interesadas no proxecto e de como será a colaboración de AFABER nas seguintes semanas a través destes dispositivos de xeolocalicación.

Durante a xornada as persoas asistentes puideron coñocer como será o proceso de adquisición do xeolocalizador: comezará en setembro, e as familias estarán guiadas e acompañadas durante o proceso por un alumno da FP que se encargará de comprobar a cobertura da zona proxima ao domicilio da persoaa afectada. Alumno e familia establecerán unha zona de confort, onde a persoa cunha demencia acostume a dar paseos. Se a persoa afectada sae desa zona de confort, avisará en segundos ao telefóno do familiar de referencia. Recordamos que tanto os dispositivos de xeolocalización como mantemento dos mesmos serán de balde para as familias. Participaran 3 nun principio ata chegar a 5 máis, en total 8. O equipo profesional da entidade será o encargado de seleccionar os participantes neste proxecto.

O uso destes dispositivos pode marcar un antes e un despois na vida dunha persoa con demencia, e máis se falamos dun entorno rural no que viven a maioría das persoas que acoden a entidade AFABER.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER