FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A escritora Raquel Hermida comparte o seu libro solidario ¡Hay que andar! coa Federación Alzhéimer Galicia

Isabel Gey, presidenta de FAGAL, agradece a xenerosidade da autora e anima a mercar o libro para unirse á causa

16/06/2022 | Santiago de Compostela

O sábado 11 de setembro tivo lugar a presentación do libro solidario ¡Hay que Andar! no Centro Obra Social Abanca de Santiago de Compostela.

O libro escrito por Raquel Hermida recolle a súa experiencia de máis de 20 anos como docente, formadora e orientadora. Experiencia que nos agasalla en forma de claves e ferramentas para vivir con nos mesmos e cos demais. Un libro inspirador que nos abre a xanela ao autocoñecemento e a sacar a mellor versión de cada un de nós.

Durante a presentación Raquel Hermida estivo acompañada de grandes profesionais do campo do liderazgo, o marketing e a comunicación como Mario López Guerrero, prologuista do libro; Daniel Álvarez Lamas, Fundador do  Instituto Ben pensante; Beatriz Suárez Cibreiro, consultora de comunicación e marketing estratéxico; Carla Reyes Uschinsky, presidenta de la Asociación Executivas de Galicia e Xabier Pardiñas Suárez, docente y coordinador de operaciones HSE Bureau Veritas; quenes compartiron cos asistentes pílulas formativas, cerrando así unha xornada de gran aprendizaxe e enriquecemento persoal e profesional.

A presentación tamén acudiu Mar Olayo, presidenta da Asociación de Escritores Solidarios Cinco Palabras, á que a escritora Raquel Hermida pertence. Asociación que destina o mes de xuño a visibilizar o labor da Federación Alzhéimer Galicia.

A cita acudiu Isabel Gey, presidenta de FAGAL, que acompañou e participou na presentación agradecendo e explicando algúns dos proxectos levados a cabo pola entidade.

Raquel Hermida escribindo ¡Hay que andar! quixo que tivera un impacto maior e así axudar a causas que o precisaran. Ela pensou en dedicalo as persoas co alzhéimer e destinar parte dos beneficios das ventas á Federación Alzhéimer Galicia.

Desde FAGAL agradecemos enormemente a súa xenerosidade que non só nos permite contar cunha achega económica senon tamén visibilizar esta enfermidade e o traballo que realizan as 15 asociacións de alzhéimer galegas que forman parte da Federación.

Podes mercar o libro na túa librería habitual ou na Casa del Libro ou na Fnac.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia