Afamon colabora coa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte na conmemoración do Día Mundial sen Tabaco
A través de una exposición compuesta por murales realizados por diferentes colectivos preténdese sensibilizar sobre los efectos del tabaco a todos los niveles
Baixo o lema «O tabaco, unha ameaza para o noso medio ambiente»; Afamon colaborou, xunto con outras entidades sociais da comarca, coa UAD de Monforte na realización dunha exposición de murais con mensaxes para sensibilizar ao gran público sobre o impacto ambiental que ten o tabaco, desde o seu cultivo e produción ata a súa distribución, sen esquecer os residuos que xera. Esta campaña dará aos consumidores de tabaco un motivo máis para deixalo.
O mural de Afamon trata de reflectir dous mundo posibles: un con tabaco e outro sen el. Na confección do mesmo participaron as persoas usuarias do centro de Afamon en Monforte.