FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Relatos solidarios co alzhéimer grazas a Cinco Palabras

A Asociación de Escritores Solidarios Cinco Palabras destina o mes de xuño á Federación Alzhéimer Galicia.

 

22/06/2022 | Santiago de Compostela

A asociación Cinco Palabras é unha unión de escritores solidarios que cada mes axuda a unha causa social, a través dun xogo literario.

Un dos agasallos que recibiu a Federación Alzheimer Galicia despois de coñecer que a escritora Raquel Hermida destinaría parte dos beneficios do seu libro ¡Hay que andar! foi saber que ela pertencía a unha asociación de escritores solidarios que visibilizaría o labor da Federación durante o mes de xuño.

Deste xeito, Mar Olayo, presidenta de Cinco Palabras, acompañounos na presentación do libro ¡Hay que Andar! que tivo lugar a principios de xuño en Santiago de Compostela. Na xornada Mar Olayo explicou en que consistía o xogo literario que realizaban cada mes: escribir un relato con 5 palabras elixidas por unha persoa vinculada a causa, nesa mesma orde, sen poder variar xénero nin número e cunha extensión máximo 100 palabras. Nesta ocasión a encargada de escoller as cinco palabras foi Isabel Gey, presidenta de FAGAL, que seleccionou  as seguintes:

ALZHEIMER, CUIDADO, PACIENCIA, PREVENCIÓN e GESTIONAR

Unha vez rematado o mes a asociación fai unha recompilación de tódolos relatos escritos e edita un volume en pdf que pode mercarse por un prezo de 10€ que irán destinados á Federación Alzhéimer Galicia.

Como podes participar?

  1. Escribe o teu relato coas cinco palabras: 
    ALZHEIMER
    CUIDADO
    PACIENCIA
    PREVENCIÓN
    GESTIONAR
  2. Lembra que non podes variar a orde das palabras nin o seu xénero e número.
  3. Extensión máxima do relato 100 palabras.
  4. Escribe o teu relato  aquí no apartado comentarios.

 

Desde a Federación Alzhéimer Galicia queremos agradecer tanto á autora do libro Raquel Hermida como a Mar Olayo.

O libro ¡Hay que andar! podédelo mercalo aquí ou nas vosas librerías.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia