Máis de 350 persoas camiñaron polo alzhéimer na IV Andaina Solidaria organizada por FAGAL
A Andaina partiu desde o Monte do Gozo e remato na Praza do Obradoiro.
O Monte do Gozo acolleu esta fin de semana a IV Andaina Solidaria organizada pola Federación Alzhéimer Galicia.
Máis de 350 persoas percorreron as rúas de Santiago de Compostela ata a Praza do Obradoiro cun obxectivo: visibilizar a enfermidade de Alzheimer.
A andaina, que tivo lugar o sábado 10 de setembro, estivo inaugurada por Don Fernando González Abeijón, Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Dona Estrella López-Pardo Pardo, Xerente do Servizo Galego de Saúde e Dona Isabel Gey Pérez, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia.
Na praza de Obradoiro o grupo de persoas chegadas das 15 asociacións de alzhéimer de Galicia foron recibidas por Dona Mila Castro Sánchez Concelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns.
A Andaina foi o acto central das actividades que ten preparadas a Federación Alzhéimer Galicia con motivo do Día Mundial do Alzhéimer que se celebra o próximo 21 de setembro.