Volve a Gala 'Non te esquezas de rir' de Afaga Alzhéimer
Terá lugar o 18 de setembro ás 19:00h no auditorio Afundación de Vigo
Un ano máis Afaga Alzheimer organiza a Gala 'Non te esquezas de rir' para lembrarnos a todos e todas a importancia de ver a cara máis amable da vida liberando endorfinas a través da risa.
Non te podes perder unha velada de gargalladas con grandes astristas como Danny Boy-Rivera, Arantxa Treus, Xasmín Abuín e Denny Horror que quixeron solidarizarse co alzheimer participando así nunha das actividaeds estrela que ten preparada a asociación viguesa con motivo do Día Mundial do Alzheimer 2022.
A gala terá lugar no auditorio Afundación o 18 de setembro ás 19:00h. Non te esquezas de traer o teu mellor sorriso!
Entradas dispoñibles na sede de AFAGA e en Ataquilla.com.