Máis de 400 alumnos e alumnas de Galicia coñeceron como afecta o alzhéimer ao cerebro nos Talleres Divulgamente impulsados grazas a Fundación Barrié.
Durante o mes de outubro tivo lugar a charla divulgativa en diferentes centros educativos de Galicia. Este ano as localidades elixidas foron: A Coruña, Ourense e Monforte.
Un ano máis desde a Fundación Barrié ponse en marcha o proxecto interxeracional Divulgamente que achega a mocidade o impacto que teñen as demencias no noso cerebro.
Este proxecto ten tres obxectivos principais:
- Dar a coñecer entre os mais novos o alzhéimer e o traballo que realiza a rede de asociaciones galegas de alzhéimer
- Fomentar as relacións interxeracionais
- Promover hábitos de vida saudables como o mellor antídoto contra o desenvolvemento de enfermidades de carácter cardiovascular e neurolóxico.
Divulgamente conta con tres fases ben diferenciadas:
- Charla Divulgativa
- Sensibilización na Aula
- Visita a un centro de alzhéimer
Durante o mes de outubro tivo lugar a primeira fase en diferentes centros educativos de Galicia. Este ano as localidades elixidas foron: A Coruña, Ourense e Monforte.
Os centros educativos que participaron foron Líceo La Paz, Chíos Formación, CIFP Anxel Casal, IES David Buján, CPR Tomás Barros e CPR Cruz Roja en A Coruña, o Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos, IES Uxío Nespereira de Ourense.
Coma noutras ocasións o doutor e investigador Carlos Spuch foi o encargado de achegar dun xeito ameno como funciona o noso cerebro e que efecto provoca o alzhéimer nel a través da Charla Divulgativa.
A partir de agora terán lugar as seguintes fases que consistirán en que un profesional da asociación de referencia se desprace ata o centro educativo e explique máis detalladamente como funciona un centro especializado de alzhéimer e, por último, será o alumnado o que visitará e intercambiará experiencias e actividades coas persoas usuarias das asociacións participantes: AFACO, AFAOR e AFAMON.