AFABER e AFAPO poñen en marcha talleres para coidadoras ou excoidadoras grazas á Fundación Mujeres.
Os talleres son totalmente gratuítos e o prazo de inscrición remata o 4 de novembro.
No ano 2011 a Fundación Mujeres comezou co Servizo de Apoio Integral a Coidadoras (SAIC) e o proxecto CUIDADANAS co obxectivo de mellorar a calidade de vida das mulleres coidadoras familiares que coidan tanto de maiores como de persoas con discapacidade, axudándoas a minimizar as problemáticas das tarefas do coidado e proporcionarlles ferramentas útiles de autocoidado físico e emocional.
Este ano as asociacións de Carballo (AFABER) e Pontevedra (AFAPO) benefícianse deste servizo organizando xunto coa Fundación Mujeres dous talleres que terán lugar durante este mes de novembro.
No caso de AFABER os dous talleres a realizar serán: “Quen coida de min (Hábitos saudables)” e Autoestima “Como te queres, como te sentes” e terán lugar o 8, 15, 22, 29 de novembro de 10:30h a 12:30h no Pazo da Cultura de Carballo.
No caso de Pontevedra os dous talleres que se levarán a cabo serán: “Quen coida de min (Hábitos saudables)” e “Xestión da culpa” e terán lugar os días 9, 16, 23 e 30 de novembro de 10:30h a 12:30h nas instalacións da asociación AFAPO.
Os talleres son totalmente de balde e as mulleres interesadas en participar poden inscribirse no 986 84 21 41 no caso de AFAPO e no 981 75 85 45 no caso de AFABER.
As prazas son limitadas, pero aínda estades a tempo de inscribiros ata o 4 de novembro.