Noticias
AFABER inicia os Grupo de Apoio de Familiares de persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer
Os grupos comezarán o día 2 de novembro
31/10/2022 | Carballo
O Mércores día 2 de NOVEMBRO ás 20:00 horas no local da asociación -na Rúa Camelias, 2- terá lugar unha nova reunión do Grupo de Apoio de Familiares de persoas afectadas pola enfermidade do Alzheimer.
Os grupos de apoio fomentan directamente a saúde e a redución do malestar psicolóxico e permiten aos familiares facer unha mellor valoración da súa propia situación grazas ao que lle ofrecen: recursos de afrontamento e de paliar emocións negativas, proporcionar maior sensación de control, aumento da autoestima e do estado de ánimo positivo, e permiten unha oportunidade de interacción social regularizada e de recibir feedback dos demais familiares. Poden acodir ao grupo de apoio calquera persoa interesada no mesmo ou quen desexe apoiar a familiares que sofren a enfermidade do Alzheimer.
As reunións do grupo de apoio estarán dirixidas pola psicóloga Lara Rodríguez de las Heras.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER