FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia asina un convenio de colaboración co Colexio Profesional de Logopedia de Galicia

A sinatura deste convenio estreita lazos cun colectivo fundamental na atención ás persoas cunha demencia neurodexenerativa

 

10/11/2022 | A Coruña

Dona Ana Isabel Vázquez , presidenta do Colexio Profesional de Logopedia de Galicia- e Dona Isabel Gey Pérez - presidenta da Federación Alzhéimer Galicia- asinaron hoxe na sede do CPLG un convenio marco de colaboración entre as entidades que as representan co fin de estreitar lazos e promover iniciativas que melloren a calidade de vida das persoas cunha demencia neurodexenerativa.

O convenio co Colexio Profesional de Logopedia de Galicia representa para a Federación Alzhéimer Galicia un paso máis na rede de entidades e colectivos cos que se comparten obxectivos e promover intercambio de experiencias e coñecementos así como dispor dunha rede de profesionais expertos que permita mellorar a atención das persoas maiores, das persoas con deterioro cognitivo leve e das persoas cunha demencia neurodexenerativa e garantíndolles calidade de vida durante o maior tempo posible.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia