XORNADAS SOBRE PREVENCIÓN E ENVELLECEMENTO SAUDABLE
As xornadas tiveron lugar os días 18 e 23 de novembro no Salón de Actos do Concello de Ribas de Sil
Afamon e o Concello de Ribas de Sil organizaron en San Clodio (Ribas de Sil) unhas xornadas formativas sobre envellecemento saudable, onde dúas profesionais do SERGAS do ámbito da neuroloxía e a medicina familiar e comunitaria trataron aspectos de saúde relacionados co envellecemento e os factores que nos protexen da aparición das enfermidades neurodexenerativas en idades avanzadas.
Esta actividade foi financiada pola Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia)