FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Agadea abre un centro terapéutico en Boiro

O servizo de atención terapéurtica desenvolverá as súas actividades tres días á semana en horario de tarde

28/11/2022 | Boiro

Agadea conxuntamente co Concello de Boiro colaboran para levar a cabo neste concello un novo servizo de estimulación terapéutica, dirixido a persoas maiores con deterioro cognitivo ou con demencias neurodexenerativas, como alzhéimer, frontoemportal, corpos de Lewy, etc.

O obxectivo destas actividades é retardar o deterioro da enfermidade; traballar a memoria, a orientación, a linguaxe e o cálculo; e mellorar a calidade de vida e as relacións interpersoais.

As actividades vanse levar a cabo no centro social de Abanqueiro os luns, mércores e venres en horario de 15.30 a 18.30 horas. Xa se pode reservar praza llamando a AGADEA ou no departamento de Servizos Sociais do Concello.  Representantes do concello destacaron a importante actividade que se vai poñer en marcha e os seus beneficios. “Trátase dunha actividade máis para os boirenses e especialmente para os nosos maiores, aos que temos que coidar e darlles o mellor”, sinalou o alcalde, José Ramón Romero.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AGADEA