FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL, CEAFA e a Consellería de Sanidade firma un convenio para realizar un estudo estatístico de persoas con alzhéimer e outras demencias no 2022.

Os datos recollidos serán de gran importancia para ver o impacot das demencias en Galicia

19/12/2022 | Galicia

Este convenio establece as bases da colaboración entre o Servicio Galego de Saúde, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias (CEAFA) e a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) para realizar un estudo de prevalencia que permita estimar o impacto do alzhéimer e outras demencias na poboación da Comunidade Autónoma de Galicia. Entre os deberes de colaboración das partes, cabe destacar, por un lado, a protección de datos das persoas involucradas e por outro lado, a elaboración dun informe anual actualizado.

O obxectivo da explotación estatística dos datos é determinar a situación real do alzhéimer e outras demencias a través da experiencia das asociacións federadas, así como coñecer a súa evolución e tendencia. A Federación alzhéimer Galicia completará a información cos datos da súa pataforma informática que permite o rexistro tanto das persoas usuarias e dos seus coidadores e coidadoras, como dos profesionais das asociaciones que as atenden.

A  información recadada sobre os distintos indicadores, contribuirán á análise e adaptación de actividades ás necesidades presentadas por cada usuario, co fin de ofrecer recursos, políticas adecuadas, solucións e unha atención o máis individualizada posible.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia