FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Os grupos de traballo de psicoloxía e xerontoloxía retomaron a súa actividade en xaneiro

Estes grupo formados por profesionais das asociación galegas de alzhéimer traballan na elaboración de documentos que enriquezan e poñan en común a intervención especializada coas persoas con demencia en cada eido.

 

30/01/2023 | Galicia

A rede de asociacións galegas de alzhéimer leva 25 anos traballando conxuntamente para mellorar a atención das persoas con alzhéimer e as súas familias. Deste xeito, o longo do tempo, puxéronse en marcha grupos de traballo dos diferentes perfís profesionais cos que contan as asociacións co obxectivo de elaborar manuais, guías ou protocolos que axuden a unificar os procesos de intervención.

Este ano reactivouse o grupo de psicoloxía, un dos máis veteranos, para actualizar o manual xa redactado no ano 2012 e para incluír novas terapias de intervención. Este grupo esta composto por oito profesionais das asociacións Afachantada, Afaco, Afaga Alzhéimer, Afalu, Afamo, Afamon, Afapo e Agadea. Como novidade este ano queren crear un espazo de comunicación continuada no que poidan intercambias experiencias, formación e necesidades profesionais que poidan xurdir no día día.

Por outra banda, a creación do grupo de xerontoloxía no 2022 puxo en valor e deu voz aos profesionais que desempeñan unha labor fundamental na engrenaxe da atención as persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas. Neste 2023 continúa o seu traballo co obxectivo de elaborar pequenas guías e protocolos de actuación. Pequenas pílulas que abordarán temas como a deambulación, alteracións conductuais, comida e hidratación e hixiene, entre outras.  Este grupo esta formado por seis profesionais do ámbito da xerontoloxía das asociacións Afaco, Afaga Alzhéimer, Afalu, Afamon, Afapo e Agadea. Estes documentos se editarán en formato dixital ao longo deste ano 2023.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia