FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL abre a inscrición da Primeira Edición do concurso de curtas Neurometraxes.

O prazo de presentación dás pezas está aberto ata o 31 de xullo do 2023 cun primeiro premio de 1500€.

 

29/06/2023 | Galicia

Co motivo do 25 aniversario da Federación Alzhéimer Galicia, lánzase o Concurso de curtas Neurometraxes, unha oportunidade para dar cabida aos creadores audiovisuales que queiran participar neste proxecto.

Por iso, a temática principal do concurso é “Alzhéimer e outras demencias”, o coñecemento e a desestigmatización é clave para informar á sociedade. Terase en conta o tratamento de temas como a interxeracionalidade, o idadismo, con romper etiquetas ou con lembranzas de todo tipo que queiramos preservar.

O prazo de inscrición remata o 31 de xullo de 2023 ás 12h do mediodía e os participantes poderán enviar a súa obra a través do correo electrónico comunicacion@fagal.orgAs bases e o formulario de inscrición pódese atopar na páxina web de FAGAL, https://fagal.org/ e o veredicto do xurado darase a coñecer nas datas previas ao 21 de setembro, día Mundial do alzhéimer e contará cun primeiro premio de 1500€ e un segundo de 500€.

 

Volver á páxina principal

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 01
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia