FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Santiago acolleu o 15 de abril las XXI Xornadas Interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia

As xornadas, ás que acudiron máis de 130 profesionais e familiares, puxeron o foco en dar voz ás persoas cunha demencia neurodexenerativa 

17/04/2023 | Santiago de Compostela

Este sábado 15 de abril celebráronse as XXI Xornadas Interdisciplinarias da Federación Alzhéimer Galicia. As Xornadas tiveron lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Este ano foron unhas Xornadas moi especiais xa que se celebran 25 anos de Federación, por iso, foron pensadas para dar voz aos seus protagonistas: as persoas con alzhéimer e outras demencias e todas as persoas involucradas.

Comezou o acto coa intervención de Kevin Quaid, Vicepresidente do Grupo de Traballo Europeo de Persoas con Demencia, que dende Irlanda, contou a súa perspectiva como persoa con Corpos de Lewy que reclama un correcto diagnóstico na demencia e sobre todo a tempo. Ademáis, tamén participou a súa muller Helena Quaid, Presidenta da Rede de Coidadores de Persoas con Demencia, para falar o que hai detrás, o cambio na vida dunha persoa que se convirte en coidadora.

De seguido tivo lugar unha mesa redonda conformada por Protagonistas e o Panel de Expertos de Persoas con Alzhéimer (PEPA), onde Lolis Díaz e Toño Fernández falan a nivel autonómico e Ildefonso Fernández a nivel estatal, falaron de como unha persoa con alzhéimer ten que seguir activa e cun constante seguimento por parte do sistema sanitario.

A continuación, conformouse unha mesa de diálogo sobre as boas prácticas na atención ás persoas maiores e persoas con demencia coa intervención de diversos profesionais do sector. Roberto Suárez de Espacio Alzhéimer Andalucía, Maite Pozo fala de Localidades Solidarias IMSERSO, Jesús Oitavén do Teléfono +65 da Xunta de Galicia e María José Moreno da Unidade de demencias da área sanitaria de Vigo.

Clausurou o acto Laura Martínez, Educadora social e danza movemento terapeuta, que explicou a relevancia do tándem corpo-mente nos procesos terapéuticos e como medio para procurar o benestar socio-emocional.

As Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL é un dos eventos máis importantes que a Federación Alzhéimer Galicia organiza cada ano co apoio das Consellerías de Sanidade e Política Social da Xunta de Galicia. Estas xornadas, celebradas dende o 2003, reúnen a profesionais do sector sociosanitario e este ano, ademais, ás propias persoas con demencia e familiares, co obxectivo de intercambiar experiencias e coñecer novos modelos de atención en demencias.

 

Máis información: https://xornadas.fagal.org/

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia