FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL é a principal beneficiaria dos fondos recaudados no Festival de la Luz da man de Luz Casal.

Este venres 21 de abril, a Federación Alzhéimer Galicia recibiu 83.700€ por parte da artista e impulsora do evento, Luz Casal, nun acto na Fundación Paideia.

 

21/04/2023 | A Coruña

O Festival de la Luz é un evento que se leva realizando dende fai 11 anos, que ademais de ser aberto musicalmente e contar co rural, cada ano dedica os seus fondos a diferentes causas solidarias.

Este ano, a principal beneficiaria foi a Federación Alzhéimer Galicia, nun acto onde a artista agradeceu o traballo a «todas esas persoas anónimas, eses científicos, esas persoas entregadas, que fan que esas enfermidades que, aínda que sexan crónicas, deixen de ser tan dolorosas». 

Coa aportación recibida do festival, o obxectivo principal é reforzar as accións levadas a cabo polas Asociacións que conforman a Federación. Estas liñas de actuación céntranse no mantemento de Unidades Terapéuticas, reforzar a formación das persoas coidadoras e promocionar as relacións interxeneracionais.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia